A licenza de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) o construtor repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de primeira ocupación de edificios.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Licenza de primeira ocupación de edificios.
Unidade tramitadora: Secretaría.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Xunta de Goberno.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 1 mes.
Recurso aplicable: Pode optarse entre recurso de reposición (1 mes) y recurso contencioso - administrativo (2 meses).
Taxas/impostos: Consultar o art. 6 da ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Forma de Pago: Transferencia a cuenta bancaria municipal.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.